As matronas, protagonistas do Día Internacional da Muller en Marín
Por Redacción
O Día Internacional da Muller, que se conmemorará o 8 de marzo, terá en Marín como protagonistas a un oficio moitas veces pouco recoñecido, pero tan antigo como a humanidade: as matronas.
O tema decidiuse na sesión ordinaria do 23 de xaneiro do Consello Municipal da Muller, pero non se deu a coñecer ata este mércores a través da concelleira de Medio Ambiente e Benestar Social de Marín, Marián Sanmartín.
Co obxectivo de valorar o traballo realizado polas matronas terá lugar un acto público institucional ás 12.00 horas do propio 8 de marzo na Praza 8 de Marzo, que poderá ser trasladado ao Salón de Plenos do Concello no caso de choiva. Ademais, estase a organizar para o mes de marzo unha exposición sobre o tema con material ginecolóxico e documentos relacionados, cedidos polas familias das matronas que exerceron a súa profesión en Marín.
A concelleira lembra que as matronas tradicionalmente eran consideradas mulleres sabias que pola súa idade e experiencia axudaban a outras mulleres durante o parto, Tamén que a primeira matrona da que se ten constancia na historia foi a grega Agnódice (século IV a.C.), que para poder estudar e exercer a medicina, prohibida naquela época ás mulleres, tivo que disfrazarse de varón.
Relacionadas:
-
O Consello da Muller busca un enfoque máis efectivo para a igualdade de xénero
Por Redacción |
-
As asociacións que pertencen ao Consello Municipal da Muller organizan unha Merenda en Igualdade
Por Redacción |
-
RADIO.- Hai que darlle a volta e recuperar o sentido da cooperación
Por Marisa Ciordia |
-
Un 8 de marzo moi artístico para conmemorar o Día da Muller en Bueu
Por Antía Fernández Buján |