As Rosas de lacón do Bar O Pote foi a gañadora do Tapalacón de Cuntis
Por Redacción
As Rosas de lacón do Bar O Pote foi a gañadora do Tapalacón, celebrado en Cuntis durante a pasada fin de semana.
Na segunda posición houbo un triplo empate entre o bar O Chistoso, A Lareira, e o Café-Bar Chelsea. O xurado atopou igual de deliciosas a súa Pizza de masa de millo; a Tortilla de pan de millo e os Roliños con verduras e queixo.
Nesta oitava edición participaron 18 establecementos.
Esta cita gastronómica estreou un sistema de votación electrónico, mediante unha aplicación para teléfonos móbiles, que xunto á clásica papeleta depositada nas urnas permitiu unha maior participación no evento.