Marín e Bueu preparan 32 futuros socorristas para o verán
A época estival está cada vez máis preto e con ela as visitas ás praias, ríos ou encoros. Por iso, tanto o Concello de Marín como o de Bueu prepáranse para un verán libre de accidentes inaugurando un curso onde 16 aspirantes a socorristas de cada concello poderán formarse profesionalmente na especialización en espazos acuáticos naturais.
A preparatoria responde ás múltiples peticións de desenvolver un plan de emprego e formación neste sector e conta cunha subvención de 31.429 euros concedidos polo Grupo de Acción Local da Ría de Pontevedra.
O obxectivo é ampliar tanto o número de socorristas como a súa formación, debido á falta de persoal nos areais da zona, que se viron afectados polas esixencias que ata agora establecíanse para exercer a profesión.
O curso comezou o luns 20 de febreiro, e alongarase ata o próximo 30 de maio en Marín e ata o 31 en Bueu. Os participantes recibirán formación en natación, prevención de accidentes e rescates en espazos acuáticos naturais, primeiros auxilios e 80 horas de prácticas non laborais na piscina da Escola Naval de Marín.
Aqueles que sexan considerados como aptos recibirán o certificado que os habilitará como socorristas profesionais desta área en concreto e dende os dous concellos estudarán a coordinación dos corpos de socorrismo dos municipios do Morrazo.
Relacionadas:
-
Marín contratará 24 persoas para vixiar as súas praias no verán
Por Redacción |
-
Marín terá desfibriladores nas súas praias
Por Redacción |
-
A Federación de Salvamento formará a socorristas en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Os alumnos do curso de socorrismo continúan a súa formación en Marín e Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
Salvar vidas, a nova materia do CEIP Carballal
Por Luca Yohan Silva Lamy |
-
As praias de Marín prepáranse para o sol de primavera
Por Redacción |
-
Ao bo tempo socorristas nas praias de Marín... de probas
Por Redacción |
-
Sanxenxo aplaude a rectificación da Xunta do decreto dos socorristas
Por Redacción |
-
Marín e Bueu estudan coordinar os seus socorristas con Moaña e Cangas
Por Redacción |