Entran a roubar nunha farmacia na praza de Curros Enríquez rompendo o cristal da porta
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot & Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A coñecida como farmacia de Herreros, situada na praza de Curros Enríquez, converteuse no novo local comercial do centro de Pontevedra vítima dun roubo. O incidente non pode entenderse sen ter en conta que desde hai meses proliferan os roubos con forza e violencia en distinto tipo de negocios, todos eles na zona centro.
Neste caso, o roubo sucedeu na madrugada do sábado ao domingo. Os ladróns fracturaron o cristal dunha das portas de acceso á botica, concretamente a situada no lateral da travesía do Comercio, na que están a se realizar obras que levaron á instalación de estadas.
Unha vez no interior do local, os delincuentes levaron a caixa rexistradora, na que non transcendeu o importe do diñeiro que había, pero, en todo caso, si que non era unha cifra moi elevada. Os ladróns saíron do local levando a peza, pero pouco despois apareceu tirada na rúa e logrou ser recuperada. Ademais, deixaron todo o interior do local revolto e levaron máis elementos que o diñeiro da caixa.
Tras ter constancia do roubo, os responsables da farmacia alertaron á Policía Nacional e ata o lugar se deplazaron axentes da Policía Ciéntifica, que tomaron pegadas e recolleron todo tipo de probas para tentar dar co autor ou autores.
Ademais, segundo indicaron os responsables da farmacia, investigadores da Policía Nacional analizarán, como proba, unha gravación das cámaras de seguridade instaladas no interior da botica. A empresa de seguridade contratada polos responsables do negocio xa entregou esas imaxes, gravadas por un total de novo cámaras con infravermellos, aos investigadores da Policía Nacional que levan o caso.
A última hora da mañá deste luns, os responsables do negocio formalizaron unha denuncia na Comisaría da Policía Nacional.