Unha muller resulta ferida despois de chocar un turismo e un camión na AP-9
Por Redacción
Un camión e un coche chocaron na AP-9 e unha muller resultou ferida. O accidente ocorreu ao redor do punto quilométrico 122, dirección Santiago, ao seu paso polo municipio de Pontevedra.
Ás 8:00 horas desta mañá un particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicou que non había feridos pero que un coche botaba fume e outros turismos que había parados entorpecían a circulación.
De seguido, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico que, nada máis chegar ao momento solicitaron asistencia sanitaria para unha muller.
Os axentes confirmaron que non había incendio e que o fume procedía do sistema de freado do coche implicado. Aseguraron ademais que o camión transportaba madeira pero que, en ningún caso, a carga viuse afectada.
Ata o lugar tamén se desprazaron os efectivos de Protección Civil e persoal de mantemento da AP-9. Os Bombeiros tamén foron informados polo CAE 112 Galicia.