Evacúan unha pontevedresa tras incendiarse e alagarse a cociña do seu piso
Por Diego Torrado
Unha muller foi evacuada a un centro sanitario tras sufrir un accidente doméstico.
Sucedeu este domingo ao mediodía no edificio números 26 e 28 da rúa Rosalía de Castro. Segundo informaron os veciños do inmoble, a muller reside soa no primeiro piso e atopábase facendo as tarefas domésticas cando se incendiou a campaña extractora da cociña.
O lume afectou as tubaxes do abastecemento de auga, que rebentaron alagando toda a cociña.
Foi a muller quen deu a voz de alarma acudindo inmediatamente os veciños. Foi un particular quen sufocou as chamas cun extintor antes de que chegasen os servizos de emerxencia.
Ademais dunha dotación do corpo de Bombeiros de Pontevedra, ata o lugar tamén acudiu a Policía Local e unha ambulancia do 061 que trasladou á muller ao hospital.