A Policía Local prestou protección a máis de medio milleiro de mulleres na cidade
Por Oskar Viéitez
Que a colaboración cidadá é fundamental para acabar coa violencia machista é algo que teñen moi interiorizado na Xefatura da Policía Local de Pontevedra, por iso é polo que observen con esperanza como a cidadanía involúcrase cada vez máis para ser parte da solución deste problema.
Así o recolle a memoria da Policía Local do ano 2016.
O pasado ano os axentes municipais procederon á detención de 13 homes e á imputación doutros 4 como presuntos autores de delitos de violencia de xénero.
En doce casos imputábaselles un delito de malos tratos, mentres que nos cinco casos restantes tratábase de persoas que incumpriran as ordes de protección ou o afastamento ditado cara á vítima. Trátase de catro detencións máis que no exercicio anterior e a cifra máis alta de arrestos desde 2012 cando se rexistraron 18 detencións na cidade.
Na última década a Policía Local prestou protección a máis de medio milleiro de mulleres só na cidade de Pontevedra. Tan só o ano pasado o número de vítimas controladas foi de 53 o que supuxo un total de 421 contactos e dispositivos de vixilancia, máis dun ao día.
Hai que puntualizar que os axentes municipais teñen asignadas a protección de vítimas catalogadas de nivel medio, baixo e non apreciado; mentres que os niveis alto e extremo son xa competencia da Policía Nacional.
PERFIL DOS MALTRATADORES
A memoria da Policía Local sinala que no 2016 só produciuse unha detención dun menor de 25 anos por violencia machista. A maior parte das detencións, un 44,4 %, céntranse entre os mozos de 25 a 35 anos, con oito detencións. De 36 a 45 anos hai outros tres investigados e o 33% dos detidos restantes tiñan 46 ou máis anos.
Relacionadas:
-
79 vítimas de violencia de xénero están baixo vixilancia policial en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Detido un home de 37 anos por un suposto delito de violencia de xénero
Por Oskar Viéitez |
-
A loita contra a violencia de xénero, gran reto da primeira subdelegada do Goberno
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Novas tecnoloxías para reflexionar sobre igualdade e violencia de xénero desde o colexio
Por Redacción |
-
Detido un home de 46 anos por agredir a súa ex parella nun bar da zona monumental
Por Redacción |
-
Novo caso de violencia machista: detido por pegar á súa parella e encerrarse con ela na casa
Por Natalia Puga | Creada e actualizada