Os participantes do reto "Xuntos no Camiño" afrontan dúas novas etapas
Por Redacción
Os colectivos de Pontevedra e de Vigo que participan no reto "Xuntos no Camiño" están completando este sábado un novo tramo do Camiño Portugués.
A primeira hora da mañá saían desde Redondela e chegarán pola tarde a la Boa Vila.
Está previsto que o nutrido grupo de participantes chegue sobre as catro da tarde ao albergue da rúa Otero Pedrayo. Desde alí desplazaranse andando, acompañados de música, ata a Peregrina, para rematar a etapa contra as cinco da tarde.
Posteriormente as distintas asociaciones teñen programado unha obra de teatro no albergue a cargo do grupo Migallas Teatro.
Moitos dos participantes durmirán no propio albergue, xa que para o domingo está programada outra etapa, a partires das oito da mañá, entre a capital e a area recreativa do río Barosa, en Barro.
Relacionadas:
-
Reto conseguido! Xuntos no Camiño chega a Compostela
Por Redacción |
-
O BNG reclámalle á Xunta as melloras pendentes do Camiño Portugués
Por Antía Fernández Buján |
-
Xuntos no Camiño completa dúas novas etapas
Por Redacción |
-
Máis de 80 persoas inician o Camiño Portugués a Santiago para facer visibles as súas doenzas
Por Redacción |
-
Cinco asociacións unidas e un Camiño Portugués a Santiago
Por Anxo Lourido |
-
Cinco asociacións de Pontevedra poñen en marcha o proxecto "Xuntos no Camiño"
Por Redacción |