A Garda Civil incauta unha partida de roupa falsificada no mercadiño do Grove
Por Redacción
A Garda Civil incautou preto de medio centenar de pezas deportivas, presuntamente falsificadas, cando se atopaban expostas para a venda ao público no mercado ambulante da localidade do Grove.
Os efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, localizaron este venres no habitual mercado do Grove, un posto de venda onde estaban expostas ao público unha partida de camisetas e pantalóns deportivos dunha coñecida marca comercial.
Segundo informaron fontes oficiais, ao comprobar os compoñentes da patrulla que o responsable do posto ambulante carecía da correspondente factura de compra das pezas, así como da preceptiva autorización da marca rexistrada afectada, a Garda Civil procedeu á incautación preventiva de todas as pezas: 23 camisetas e 35 pantalóns, cuxo valor no mercado supera os 5.100 euros.
Ao mesmo tempo, instruíronse dilixencias por un presunto delito contra a propiedade industrial, que foron entregadas no xulgado de instrución de garda de Cambados.
Relacionadas:
-
Requisan en Sanxenxo máis de 22.000 euros en prendas de roupa falsificada
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta unha partida de roupa falsificada en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Investigan unha muller 'cazada' con roupa con etiquetas falsas valorada en 11.000 euros
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta unha trintena de bolsos falsificados
Por Redacción |
-
Interveñen 428 pezas de roupa supostamente falsificada no mercado do Grove
Por Redacción |
-
Incautan unha partida de roupa falsificada na peaxe da AP-9 en Vilaboa
Por Redacción |