Cuntis celebra esta fin de semana o "Tapalacón"
Por Redacción
Desde este venres e durante todo esta fin de semana Cuntis celebra o concurso gastrónomico "Tapalacón".
Un total de dezaoito establecementos compiten nesta oitava edición. Son A Tenda da Ponte, A Casa da Burga, A Bolera, O Chistoso, Don Manuel, Chelsea, O Pote, O Fogar do Pensionista, O Traspaso, Isla, O Paseo, Batifoula, O Valenciano, A Fontiña, O Parladoiro, Sete Camiños, O Moncho y A Lareira.
O público votará a mellor tapa e aqueles que presenten un boleto selado en sete dos locais participantes formarán parte dun sorteo de agasallos.
Este sábado as tapas serviranse en horario de 19 a 23.30 horas, sendo gratis unha tapa por cada consumición.
O domingo, haberá tapas durante todo o día.