Unha agresión sexual múltiple a unha moza de Lalín será xulgada na Audiencia
Por Redacción
Unha escabrosa agresión sexual na que, presuntamente, terían participado catro persoas será xulgada a próxima semana na Audiencia de Pontevedra. Pero tan só dúas delas sentarán no banco dos acusados. O resto son menores de idade.
Así o sinalou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que informou que o tribunal da sección segunda recibirá a estes dous homes, acusados de agredir sexualmente unha moza, en compañía de dous menores de idade, durante unha festa celebrada en Lalín en novembro de 2012.
Estas catro persoas, segundo o fiscal, rodearon á súa vítima e a pesar da resistencia da moza manosearon as súas partes íntimas por encima da roupa en repetidas ocasións.
Tras este primeiro episodio, un dos dous homes levou á moza pola forza ata a parte traseira do palco da festa de Lalín, rompeulle a media e penetrouna cos dedos mentres a bicaba.
Os dous menores, relata o escrito de acusación, axudáronlle na violación ao agarrar á vítima para que non puidese escapar.
Por estes feitos, o fiscal solicita doce anos de prisión para un dos dous adultos por un delito de violación e outros cinco anos para o segundo por un delito de agresión sexual.
Ademais da pena de prisión, a Fiscalía solicita que os dous acusados indemnicen á moza con 7.000 euros polos danos psicolóxicos que lle causou este episodio.
Relacionadas:
-
O fiscal retira a acusación contra un dos sospeitosos dunha agresión sexual múltiple en Lalín
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os peritos declaran que a vítima dunha violación múltiple en Lalín presenta tensión postraumática
Por Natalia Puga |
-
Un menor condenado por tocamentos a unha moza: "Le tocamos el culo porque nos parecía una situación graciosa"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un acusado de agresión sexual sostén a súa inocencia alegando que a vítima estivera nunha festa semi espida
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |