Telmo Martín esixe ás administracións "que se poñan as pilas" coa estrada de Dorrón
Por Oskar Viéitez
Espazos para peóns a medio construír, postes da luz en plena calzada ou a ausencia de calquera tipo de sinalización son algúns dos problemas que presenta a estrada de Dorrón e que este venres denunciou o Partido Popular de Sanxenxo.
Nunha visita á zona o portavoz do PP local, Telmo Martín pediu á goberno local de Sanxenxo e á Deputación provincial "que se poñan as pilas" e rematen os traballos neste viario que ten unha lonxitude de máis de 800 metros, con inicio nos Cotos e remate no dolexio Magaláns de Dorrón.
A Deputación é a administración titular do viario e rescindiu hai dous anos o contrato coa firma adxudicataria, ao detectar unha serie de fallos e incumprimentos na execución dos traballos. O proxecto contemplaba o ensanche da plataforma ata os 12,50 metros, a dotación de novas canalizacións de recollida de pluviais e a instalación dunha nova iluminación pública, entre outras melloras.
En anteriores ocasións a presidenta provincial, Carmela Silva, explicou que esta estrada é outra das "vítimas" da "nefasta xestión" do anterior goberno provincial presidido por Rafael Louzán. Neste caso, faltaban algunhas licenzas e "as cesións de terreos eran insuficientes", como comprobou este venres o propio Telmo Martín nun encontro con algúns propietarios que todavia non chegaron a un acordo coa Deputación.
Mentres tanto, Telmo Martín sinala o mal estado deste viario e que sofren principalmente os veciños da zona.