Sanmartín Gestión consolida a súa actividade na provincia de Pontevedra con nove oficinas
Sanmartín Gestión é unha das principais corredorías de seguros independentes da provincia de Pontevedra. A súa traxectoria como consultora de riscos, mediadora de seguros e provedora de servizos financieiros comezou hai preto de 30 anos na Estrada e, desde entón, foi expandindo a súa rede de oficinas ata as localidades de Caldas de Reis, Cerdedo, Cuntis, Marín, Pontevedra, Silleda, Vilagarcía de Arousa e mesmo Rianxo, xa na provincia da Coruña.
Este crecemento foi posible, segundo indica o seu director, Manuel Sanmartín Cao, "grazas á estratexia de aportarlle valor engadido aos clientes, tanto aos particulares como ás pequenas e medianas empresas, estudando as particularidades de cada caso, asesorándoos de forma personalizada e proporcionándolles as coberturas que precisan a uns prezos altamente competitivos".
Para ofrecer este servizo individualizado e de máxima calidade, Sanmartín Gestión conta cun equipo de 10 profesionais cunha contrastada experiencia e que periodicamente participan en accións formativas e de reciclaxe para estar ao corrente das novidades do sector.
Ademais, Manuel Sanmartín considera que outra das claves da consolidación da empresa é a estreita colaboración e os acordos preferentes que mantén cunha quincena de compañías de seguros líderes, que lle permiten ofrecer pólizas con condicións moi atractivas en todas as áreas: seguros de auto, para o fogar, seguros de saúde, de vida, de decesos, de responsabilidade civil, para comercios, etc. Entre esas compañías de referencia atópanse, por exemplo, Aegón, Allianz, Arag, Asegrup, Aviva, Catalana Occidente, Das, Helvetia, Fiatc, Liberty, Ocaso, Patria Hispana, Plus Ultra, Previsión Mallorquina e Race.
A campaña "A túa tranquilidade" presenta ofertas "realmente competitivas tanto en coberturas como en prezo"
"A TÚA TRANQUILIDADE"
Precisamente, tras actualizar recentemente este panel de compañías colaboradoras, Sanmartín Gestión vén de lanzar a campaña "A túa tranquilidade", coa que pretende reforzar a súa presenza no mercado da provincia de Pontevedra con ofertas "realmente competitivas tanto en coberturas como en prezo". "Invitamos a calquera persoa que teña a necesidade de facer un seguro, particular ou empresarial, a que acuda ás nosas oficinas a informarse, sen ningún tipo de compromiso, porque estamos en condicións de ofrecer produtos moi atractivos", apunta Manuel Sanmartín.
RESPONSABILIDADE SOCIAL
Sanmartín Gestión tamén é unha empresa moi implicada socialmente nas localidades nas que conta con delegación, tanto a través de iniciativas de ámbito benéfico ou cultural como, fundalmentalmente, no eido deportivo. De feito, colabora cunha quincena de entidades deportivas, entre as que se atopan o Club Deportivo San Paio (atletismo), os Irmandinhos (fútbol gaélico) ou Bikestrada (cicloturismo). "É a nosa particular forma de interpretar a Responsabilidade Social da empresa, retornando á contorna na que operamos unha parte do negocio que nos aportan os clientes e contribuíndo a fomentar a práctica do deporte".
"O prezo dun seguro debe ser un factor decisivo, pero non o máis importante"
- Cales son os obxectivos de Sanmartín Gestión a curto e medio prazo?
- Cunha traxectoria empresarial de preto de tres décadas, a empresa está máis que consolidada, pero operamos nun sector moi competitivo e que vive en permanente transformación, o que nos obriga a evolucionar e reinventarnos cada día para estar á altura do que demandan os titulares das 16.000 pólizas que temos activas na actualidade. Por iso, o noso principal obxectivo é conseguir a plena satisfacción dos clientes cos nosos produtos e coa atención que lles brindamos. A partires de aí, obviamente, queremos seguir ampliando mercado nas zonas nas que nos atopamos e, por que non, incluso estamos a avaliar novas oportunidades de expansión.
- Por que veñen de incorporar o lema "A túa tranquilidade" á marca Sanmartín Gestión?
- Porque queremos poñer en valor que cando se contrata un seguro o prezo ten que ser un factor decisivo, pero non o máis importante. E pensamos que a tranquilidade é o concepto que representa á perfección o valor que debe ter un bo seguro para calquera usuario. Por exemplo, cando o coche se avaría e quedamos tirados nunha estrada, cando temos un accidente ou cando un temporal nos estropea os electrodomésticos da casa non nos preocupa que o seguro tivera custado 10 ou 20 euros máis, senón que o que queremos é unha atención profesional, un servizo rápido que nos arranxe o problema e poder recuperar canto antes a nosa tranquilidade.
Concurso en Facebook "a persoa máis segura"
No marco da campaña "A túa tranquilidade", Sanmartín Gestión vén de poñer en marcha na súa páxina de Facebook un concurso para buscar "a persoa máis segura". Para participar, simplemente basta con entrar na páxina www.facebook.com/sanmartingestion e deixar algún comentario ou darlle "Me gusta" ás publicacións referentes ao concurso. Entre todos os participantes sortearase un seguro de auto e un seguro de fogar, convertindo así ao gañador ou gañadora na persoa máis segura. As bases deste concurso pódense consultar tamén na páxina web www.sanmartingestion.es.