Patrimonio evita ao Concello e comunica a Moreira o permiso para cubrir García Escudero
Por Oskar Viéitez
A dirección xeral de Patrimonio deu luz verde ao Concello de Pontevedra para que acometa a primeira fase do proxecto para cubrir os restos arqueolóxicos aparecidos na praza de Valentín García Escudero.
Deste asunto foi informado en primeiro lugar o portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira, polo delegado territorial da Xunta mentres que o concelleiro de Patrimonio, Luís Bará, alleo a esta noticia, protagonizaba unha rolda de prensa na que pedía "axilidade" a Patrimonio e instaba ao Partido Popular a que "non puxera paos nas rodas".
O edil nacionalista recordaba que desde o pasado mes de decembro non tiña noticias da Xunta.
Con este informe favorable o Concello poderá levar adiante o seu proxecto para cubrir aproximadamente o 60 % da supericie da praza, deixando polo momento a parte central ao descuberto.
Relacionadas:
-
O PP pide ao Goberno local que "se dejen de charlatanería y se pongan a trabajar"
Por Natalia Puga |
-
Bará cualifica de "trilerismo político" a actitude de Patrimonio con Valentín García Escudero
Por Alejandro Espiño |
-
O PP denuncia o "completo abandono" da praza Valentín García Escudero e urxe solucións
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello cubrirá "moi pronto" os restos arqueolóxicos da praza Valentín García Escudero
Por Redacción |