Expertos internacionais reúnense en Pontevedra para falar da loita contra o gurgullo do eucalipto
Por Redacción
Coa celebración dunha nova edición do Encontro internacional para a loita contra o gurgullo do eucalipto, organizado por Ence, Pontevedra converteuse este mércores no centro mundial da loita contra esta praga, que constitúe a maior ameaza do propietario de eucalipto no noroeste peninsular.
Durante o evento, destacados expertos debateron sobre a situación actual e puxeron encima da mesa as solucións que están a desenvolver para mellorar a loita biolóxica contra esta ameaza na península.
O gonipterus é responsable todos os anos de perdas para os propietarios forestais estimadas en 30 millóns de euros en Galicia e a cornixa cantábrica, sendo o principal inimigo dos produtores de eucalipto, reducindo o crecemento anual de madeira en preto dun millón de metros cúbicos.
Na xornada, cuxo núcleo principal foi as melloras para a produción de anaphes nitens, unha especie de mosquita que evolucionou paralelamente ao gurgullo, e cuxas larvas se desenvolven dentro dos ovos do gurgullo ou gonipterus (e non lle valen os de ningún outro insecto), tratáronse as melloras no proceso de cría que resultan en menores custos e maiores capacidades de produción.
Ademais, exploráronse os medios actuais e posibles solucións futuras para mellorar a monitoraxe da evolución do insecto, e compartíronse os avances dos diferentes grupos de traballo en España e Portugal.
Relacionadas:
-
Ence organiza en Pontevedra o terceiro encontro internacional para a loita contra o gurgullo do eucalipto
Por Redacción |
-
60 colectivos esixen "eucalipto cero, como en Europa"
Por Oskar Viéitez |
-
Os ecoloxistas alertan da fumigación masiva dos eucaliptos cun tóxico para as abellas
Por Oskar Viéitez |
-
Os Fabricantes de Pasta financiarán a investigación do Areeiro para combater unha praga do eucalipto
Por Oskar Viéitez |