Tres persoas feridas nunha colisión entre dous coches en Alba
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser derivadas a un centro hospitalario na tarde deste martes nun accidente de circulación rexistrado na parroquia pontevedresa de Alba.
Segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia 112, o sinistro tivo lugar na estrada N-550 ao seu paso polo lugar de Reariz, na parroquia de Alba e consistiu na colisión entre dous vehículos
Unha persoa particular alertou da situación ao 112 ás 19.40 horas e o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Pontevedra, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.
As tres persoas feridas foron evacuadas polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.