Unha redada nun bar de Vilaboa termina con 9 identificados e 3 denuncias por tenencia de cocaína
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil levou a cabo unha redada nun bar de Vilaboa.
Foi na madrugada do pasado sábado resultando identificadas 9 persoas nos exteriores do establecemento e formulándose tres actas administrativas por tenencia de cocaína.
Segundo detallan fontes oficiais do instituto armado, esta actuación enmárcase nas actuacións que a Garda Civil de Pontevedra está a levar a cabo na provincia para combater o tráfico de drogas a pequena escala, así como erradicar o consumo destas sustancias en zonas de lecer.