Deputación e Concello pactan que sexa o Pontevedra CF o que pague o contrato da luz de Pasarón
Por Oskar Viéitez
Finalmente será o Pontevedra Club de Fútbol o que pague o contrato da luz do Estadio de Pasarón.
O contrato de subministro vencera o pasado mes de febreiro e "grazas a que hai un bo entendemento", dixo o presidente do ente provincial, Rafael Louzán, "e a que a Deputación puxo todo da súa parte", subscribirase este novo acordo.
Houbo que abonar unha partida de recibos pendentes que atrasaron a firma do acordo.
Ata agora era a Deputación a que pagaba o importe da factura por un contrato de luz de obra que expirou ao concluír a construción do Estadio.
Será agora o Concello o que reordene outras cuestións como o gasto xerado polos locais de Protección Civil, a Federación Española de Fútbol ou o local da asociación de veciños que están no estadio.