A CIG sae á rúa o mércores para reclamar dereitos laborais e sociais perdidos coa crise
Por Redacción
A central sindical CIG chama á mobilización cidadá para acudir ás protestas convocadas en toda Galicia para "recuperar dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise". En Pontevedra, a convocatoria é este mércores 15 de febreiro ás 12.00 horas.
Dúas horas antes, ás 10.00 horas, hai convocada unha asemblea de delegados e despois fan un chamamento para concentrarse diante da Subdelegación do Goberno. Ademais, este venres 17 de febreiro convocan unha manifestación a partir das 20.00 horas que sairá da praza da Ferrería.
A protesta, convocada en todas as comarcas entre este mércores e este venres, busca a recuperación dos dereitos perdidos en materia de contratación, xornada, despedimentos, negociación colectiva, prestacións por desemprego, de Seguridade Social e mesmo de liberdades públicas.
A protesta forma parte da campaña que se iniciou coa manifestación nacional en defensa do sistema público de pensións e ten como obxectivo presionar ao Congreso para que todas as contrarreformas impostas, fundamentalmente polo PP, "co pretexto da crise" sexan derrogadas.
Relacionadas:
-
Pontevedra, con 33 desempregados máis, rompe a tendencia á baja do paro en marzo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A CIG chama a mobilizarse, este 10 de marzo, "para derrotar as contrarreformas e recuperar os dereitos"
Por Redacción |
-
Chaman a baleirar as aulas o 16 de febreiro para parar a LOMCE
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A CIG freta autobuses para manifestarse en Santiago en defensa das pensións
Por Natalia Puga |
-
CIG convoca concentracións en Pontevedra e Vilagarcía dentro dunha xornada europea de protesta contra o TTIP
Por Diego Espiño |