Furgonetas e camións, baixo vixilancia en Poio
Por Redacción
O número de persoas falecidas en accidentes de tráfico cando circulaban en camións de máis de 3.500 quilos descendeu o ano pasado un 7,5% e no caso dos que viaxaban e furgoneta, o descenso foi do 16%.
A pesar de que as estatísticas arroxan resultados esperanzadores, o obxectivo é a sinistralidade cero e con ese obxectivo deseñouse a campaña especial de vixilancia posta en marcha pola Policía Local de Poio en colaboración coa Dirección General de Tráfico (DGT), na que este luns xa se realizaron os primeiros controis en distintos puntos do municipio.
A Policía Local de Poio insiste na "importancia de seguir establecendo controis preventivos de seguridade" para contribuír á tendencia á baixa das estatísticas e continuará con esta campaña de vixilancia e control de camións e furgonetas ata o domingo 19 de febreiro.
Os axentes vixían que os vehículos cumpran os requisitos para circular socilitando ás súas condutores autorizacións e documentos, condicións técnicas ou elementos de seguridade e controlan tamén que quen os conduce teñan os permisos convenientes e respecten os tempos de condución e descansos obrigatorios e non superen a taxa de alcol permitida.
Ademais, está a realizarse un control especial de furgonetas dedicadas á venda ambulante no municipio co obxectivo de evitar o transporte de produtos perecedoiros en vehículos non autorizados para tal fin.
A velocidade e o exceso de horas de condución son as infraccións máis habituais neste tipo de vehículos, co 40% do total de sancións impostas. No caso concreto das furgonetas, as sancións máis habituais están relacionadas con excesos de velocidade, a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) e exceso de peso e disposición da carga.
Relacionadas:
-
Os nenos de Poio reforzan a súa educación viaria da man da Policía Local
Por Redacción |
-
Detectan dous vehículos de venda ambulante sen autorización repartindo peixe en Poio
Por Natalia Puga |
-
Unha campaña vixiará que as furgonetas de venda ambulante trasladen os produtos frescos en condicións
Por Natalia Puga |