Un veciño de Marín, atendido por inhalación de gas ao incendiarse a cociña da súa casa
Por Redacción
Un home tivo que recibir asistencia sanitaria en Marín tras declararse un pequeno incendio na cociña da súa casa. A vítima resultou intoxicada de carácter leve ao inhalar gases cando tentaba sufocar as chamas cun extintor.
O home tivo que ser evacuado, segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112.
O incendio producíase nunha vivenda unifamiliar situada no viario de praias. Segundo a información do 112, o lume calcinou a campá extractora e os mobles próximos da cociña.
Unha persoa particular daba a alarma ao 112 Galicia ás 15.15 horas da tarde deste luns 13. O persoal de Centro de Atención de Emerxencias informou os Bombeiros do Morrazo, a Protección Civil, á Policía Local e á Policía Nacional.