Os Palleiros quere que o home condenado por maltratar un can en Salcedo entre en prisión
Por Anxo Lourido
Un veciño de Pontevedra foi condenado polo xulgado do Penal número 1 de Pontevedra a unha pena de sete meses e 14 días de prisión ao considerar que é autor dun delito de malos tratos animais.
O Seprona rescatara ao can 'Life', rebautizado así pola protectora Os Palleiros, cando se atopaba a piques de morrer nunha leira de Salcedo. Levaba semanas sen que se lle achegou alimento nin tampouco auga. O xulgado obrígalle, ademais, a abonar 1.468 euros á asociación protectora, que tivo que realizar un investimento económico para salvar ao animal.
Este luns 13, o avogado Fernando Garnelo que levou o caso e Gloria Cubas, a presidenta da asociación protectora de animais 'Os Palleiros', sinalaban que o condenado ten a posibilidade de recorrer esta sentenza, que cualifican de "exemplar", ata o 24 de febreiro. Se non presenta recurso, a sentenza será firme.
Cubas indicaba, ademais, que queren que esta sentencie cre un precedente e que as persoas sexan conscientes de que ter un animal leva unha responsabilidade. Por este motivo, queren que entre en prisión. Afirman que durante a vista oral, o acusado non mostrou arrepentimento e o único que alegou no seu defensa foi a carencia de medios económicos para poder alimentar ao animal. Con todo, o home rexeitara ao avogado da quenda de oficio para contratar a unha letrada para defenderse neste caso.
Gloria Cubas mostrábase satisfeita porque entende que esta sentenza é a primeira vez que se ofrece unha pena de cárcere e seria. Afirma que no 2014 noutro caso no que un veciño tiña dous cans en moi malas condicións hixiénicas e sanitarias, ata o punto de que ambos faleceron. Cubas considera que aquela sentenza fora "ridícula" coa imposición dunha multa de 400 euros.
Garnelo manifestaba o seu desexo de que algún día se poida chegar en España á situación que xa se rexistra en Zúric, neste cantón suízo os animais dispoñen de quenda de oficio. Desde a Protectora alertan de que interpoñerán novas demandas en todos os casos nos que se atopen con animais con traumas psicolóxicos e que non se poidan recuperar polo medo que sofren derivado dos malos tratos.
Relacionadas:
-
Abandonan con graves feridas un can ao que obrigaban a participar en pelexas
Por Alejandro Espiño |
-
Os Palleiros lanza unha advertencia: xa non ten espazo para un can máis
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Aparecen varios cans mortos en Ponte Caldelas con brutais signos de violencia
Por Redacción |
-
Os 'avós' da protectora buscan fogar
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Todos desexan ser Kruggy