O ORAL achégase aos veciños e despraza un técnico ata A Lama
Por Redacción
O Concello da Lama poñerá a disposición dos seus veciños un técnico do ORAL que se encargará de realizar xestións catastrais. Atenderá nas oficinas municipais os venres 17 e 24 de febreiro e 3 de marzo.
Segundo informou o Concello a tráves dun comunicado, o técnico realizará para as veciños xestións como actualizacións, revisión de recibos relacionados co Imposto de Bens Inmobles (IBI), tanto urbano como rústico, e outras cuestións relacionadas co organismo recadador provincial.
Este novo servizo é resultado das xestións realizadas polo alcalde, Jorge Canda Martínez, en resposta á petición de numerosos veciños que precisan actualizar datos catastrais ou recibir información especializada sobre as súas obrigacións tributarias.
A intención do Concello da Lama é demandar do organismo recadador provincial que estableza unha presenza continuada semanal nas oficinas municipais coa fin de facilitar ao administrado calquera relación que precise establecer con esta entidade á vez que se melloran as canles de información entre a administración local e os veciños.