A ponte da Barca é "segura", segundo a Xunta, que ultima un proxecto de rehabilitación
Por Redacción
A seguridade na ponte da Barca, segundo a Xunta, está "garantida" e a actuación nela tras os temporais foi "inmediata". Técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas xa revisaron toda a cuberta e están rematando de asegurar voadizos, madeiras e ancoraxes.
Ademais, un equipo estará operativo ao longo das vindeiras horas por mor da previsión de fortes ventos coa fin de controlar que non se produzan máis desprendementos.
Con todo, a Consellería de Infraestruturas avanza que manterá o vindeiro martes unha xuntanza coa empresa que realizará o proxecto de rehabilitación da ponte. As accións fundamentaranse nunha tese doutoral realizada sobre o estado da madeira da ponte na que se conclúe que non existe risco de ruína, pero si hai zonas que non se atopan en bo estado.
É a resposta que dá o goberno galego ao informe dos Bombeiros de Pontevedra sobre a deterioración da infraestrutura e ao que a Xunta tivo acceso este xoves "despois de reclamarllo ao Concello".
A Xunta lamenta que o Concello de Pontevedra non lle trasladara de xeito "áxil" o informe no que se detalla a problemática da infraestrutura, a pesar de que no mesmo se alertan de problemas de seguridade para as persoas.
Neste documento identifícase, recordan desde a administración autonómica, como un dos factores de risco o sistema eléctrico da ponte, cuxo mantemento "é responsabilidade municipal" sinala o goberno galego.
Relacionadas:
-
Propoñen reformar a Ponte da Barca: sentido único para coches, dobre para bicicletas e beirarrúas amplas
Por Redacción |
-
Un dron revisa a estrutura de madeira da Ponte da Barca
Por Oskar Viéitez |
-
Un informe de Bombeiros alerta do "desastroso" estado da ponte da Barca
Por Alejandro Espiño |
-
Restrinxido o paso de peóns pola ponte da Barca polos danos do temporal
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Cortan o tráfico na AP-9 tras desprenderse a cuberta da ponte da Barca
Por Alejandro Espiño |