A Lama contratará quince desempregados no marco do Plan Concellos
Por Redacción
Un total de quince persoas desempregadas contratará o Concello da Lama no marco do Plan Concellos, segundo informou o goberno municipal.
Estes novos contratados traballarán un total de oito meses en xornada de 30 horas semanais e irán destinados a labores de reforzo de tarefas administrativas, mantemento de centros educativos e recreativos, xardíns e espazos públicos, infraestruturas de fontanería e parque móbil municipal.
Os aspirantes para ocupar estas prazas serán remitidos polas oficinas de emprego que valorarán a capacitación profesional e a súa relación co municipio.
A comisión evaluadora terá en conta principios de igualdade, mérito e capacidade dos aspirantes aínda que terán preferencia aquelas persoas que foran vítimas de violencia de xénero, os maiores 45 anos, aqueles que formen unha familia monoparental con fillos ao seu cargo, os que teñan un nivel de renda máis baixa e aqueles que teñan cargas familiares.
En concreto, ofértase un posto de auxiliar administrativo que desempeñará as súas funcións 25 horas á semana durante un período de 10 meses. No apartado de mantemento de centros educativos e recreativos contrataranse catro persoas -un conserxe e tres operarios de limpeza-.
A Lama tamén contará con tres peóns de construción, dous peóns forestais, un operario ferreiro-forxador e un operario da industria metalúrxica e fabricación de produtos metálicos. Ademais, incorporaranse dous fontaneiros e un peón mecánico para o mantemento do parque móbil municipal.
O alcalde, Jorge Canda, valorou positivamente a posta en marcha desta iniciativa laboral por parte da Deputación de Pontevedra, polo que supón de incentivo para a empregabilidade no municipio e destacou que os operarios contratados supoñen unha importante axuda para o mantemento dos servizos e infraestruturas do Concello.
Relacionadas:
-
Sanxenxo selecciona 43 traballadores para reforzar varios departamentos municipais
Por Redacción |
-
Chegan cen novos contratos ao abeiro do Plan Concellos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación aproba 1,2 millóns de euros para que nove concellos poidan empregar a 155 persoas
Por Oskar Viéitez |
-
Poio deseña un Plan de Emprego para contratar 28 desempregados
Por Redacción |