Evacuada en ambulancia ao caer coa motocicleta nun paso de peóns
Por Redacción
Unha muller resultou ferida despois de caer ao chan a motocicleta na que viaxaba xunto a outra persoa.
O accidente tivo lugar este mércores ás once da mañá nun paso de peóns da avenida Eduardo Pondal. Concretamente no paso situado preto da ponte da avenida de Vigo.
Segundo informaron dende a Xefatura da Policía Local, cando a motocicleta detívose no paso de peóns, o piloto fallou ao tratar de apoiar o pé, perdendo o equilibrio.
A muller permaneceu tirada en metade da estrada ata que foi asistida por unha ambulancia.