Pontevedra é a cuarta cidade española máis barata para ter unha cita romántica
Por Oskar Viéitez
Pontevedra é a cuarta cidade española máis barata para ter unha cita romántica, con 71,73 euros de media, o que supón uns 14 euros menos que a media española que ascende a 85,79 euros, dos que un 57,8 por cento destínase a hostalería, un 16,4%, a lecer; e un 9,6% a transporte.
Así o recolle o índice elaborado pola web do aforro Kelisto.es con motivo da celebración do día de San Valentín.
No caso da Boa Vila 37,84 euros dedícanse a unha cea para dúas persoas; 9,56 euros, a dous cócteles; 9,33 euros, a taxi; e 15 euros, a dúas entradas de cinema, segundo o estudo feito por esta web.
Lugo é a cidade galega máis cara cunha media de 96,89 euros e Toledo é a cidade española onde máis cara resulta unha cita romántica, en concreto un 30,92 por cento máis caro que a media nacional para un plan en parella, seguida de Madrid (+25,81%), e Zaragoza (+22,09%).
Pola contra, Zamora é a cidade máis barata para unha celebración deste tipo.