A reparación dos danos no almacén de Celso Míguez terá un "custo millonario"
Por Oskar Viéitez
O presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, vai mediar ante a Xunta de Galicia para sondear a habilitación de posibles iniciativas de apoio material que permitan que a empresa Celso Míguez "ou outras en similares circunstancias" poida reparar canto antes os graves danos causados polo temporal nas súas instalacións de Calvelo, na parroquia de Tenorio, e recupere a súa plena actividade no plazo máis curto de tempo.
O rexedor, que visitou este martes a firma acompañado dos concelleiros María Pichel e Javier Lois para avaliar os danos, indicou que vai remitir unha carta explicando a situación a distintos órganos autonómicos.
Esta firma, a máis importante do municipio de Cerdedo-Cotobade e que conta con 90 empregados, sufríu o desplome das fachadas da súa nave de almacenamento por mor do temporal, o que motivou importantes desperfectos estructurais na mesma e a perda de gran parte do material que se gardaba no seu interior.
Por parte da empresa, Javier Míguez, que agradeceu o interese e respaldo do rexedor e da corporación municipal, indicou que polo momento non están valorados os danos, pero adiantou que a reparación desta nave e o material estragado, que aínda está pendente de inventariar, terán "un custe millonario".
Ao respecto, agradeceu a sensibilidade dos provedores para que a firma manteña a máxima normalidade no seu funcionamento e tamén o compromiso dos empregados e avogou porque a administración estude a opción de impulsar unha liña de axudas ou préstamos "que nos permita ter un acceso rápido ao financiamento necesario para volver á normalidade, xa que sabemos que os seguros vanse adiar un pouco pola súa propia tramitación".