Trátase de pequenos actos diarios, que xeran alegría, emocións relacionadas co benestar e con efecto non só nun mesmo senón tamén na contorna.
María González, recomenda neste "Dale la vuelta" dedicar un minuto, é suficiente, para agradecer infinidade de cousas cotiás. Esa gratitude reforza o noso benestar, polo que segue debullando ese manual do que fala en anteriores programas.
Ademais, seguidores de "Dale la vuelta" de PontevedraViva Radio, comparten nesta ocasión os seus agradecementos. Estamos nun programa interactivo así que podes enviar as túas dúbidas, propostas... a mariadalelavuelta@gmail.com.
E completamos cunha recomendación que tamén reproducimos, "A historia de Saya" de Wayne Dyer.