Cambios no tráfico polos asfaltados en San Antoniño, Javier Puig e intersección Benito Corbal con Blanco Porto
Por Oskar Viéitez
Se as condicións climatolóxicas o permiten, para a próxima semana prevese o asfaltado nas rúas San Antoniño e Javier Puig e na intersección Benito Corbal con Blanco Porto.
Estas obras afectarán a viais principais de acceso ao centro da cidade polo que a Policía Local adoptará medidas de tráfico.
O luns día 6 de febreiro cortarase San Antoniño dende as 15:00 horas (4 horas aproximadamente)
- Actuacións previstas:
- Inversión do sentido circulatorio na rúa Lepanto
- Desvío da circulación de vehículos cara a rúa Lepanto
- Retirada de vehículos na rúa Lepanto, con prohibición de estacionamento, (non a parada), ata rematar as obras de fresado e asfaltado de San Antoniño.
O martes 7 terá lugar o asfaltado da rúa San Antoniño. Unha obra que levará unhas 9 horas.
- Actuacións previstas:
- Se mantén a prohibición de estacionamento nas rúas Lepanto e San Antoniño no tramo de obra. Permítese a parada en Lepanto.
- Desvío da circulación de vehículos cara a rúa Lepanto
- Inversión do sentido circulatorio na rúa Lepanto
- O peche da rúa ás 9 horas na intersección das rúa San Antoniño con Lepanto implicará novamente a sinalización con sinais de entrada prohibida, obrigatoria a dereita e panel informativo.
Tamén o martes acometerase o asfaltado da rúa Javier Puig
- Actuacións previstas:
- Lepanto recupera o sentido habitual pero se mantén a prohibición de estacionamento.
- Non se precisan outras actuacións. Arestora a rúa se atopa pechada á circulación de vehículos por mor das obras de humanización.
Está pendente de data o corte da interseción das rúas Benito Corbal con Blanco Porto, que levará toda a mañá.
- Actuacións previstas:
- Inversión dos sentidos circulatorios nas rúas: Joaquín Costa (tramo Uxío Novoneira – Sagasta), Blanco Porto, (tramo Joaquín Costa – Cruz Gallastegui), Lepanto e José Millán.
- Retirada de estacionamento e prohibición de estacionar (permítese a parada), nos tramos de inversión da circulación, como son zonas de servicios.
- Colocación de valos con sinal de prohibición ás 8 horas.