Arrestado tras pillalo roubando uns tenis do interior dun coche
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional detiveron un home de 41 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con forza en interior de vehículo.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, os feitos sucederon na madrugada do día 2 de febreiro cando con ocasión de patrullar en prevención da seguridade cidadá, os axentes observaron a un individuo en actitude sospeitosa no medio dous vehículos estacionados na rúa Padre Gaite.
Os axentes policiais achegáronse a un dos vehículos observando que tiña a porta do condutor e o maleteiro abertos sorprendendo a un individuo inclinado no maleteiro cunha caixa nas mans e todo o interior revolto.
Ao preguntarlle se o coche era seu afirmou que non, e recoñeceu ter subtraído a caixa co calzado de deporte.
Por todo iso os axentes identificárono e detivérono por un delito de roubo con forza en interior de vehículo.
Os axentes entregáronlle á súa propietaria as zapatillas de deporte e varias moedas que a propietaria gardaba no interior do vehículo.