Deixan dúas rapazas sen viaxe de estudos por ser marroquí e colombiana
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Esta última semana debería ser inesquecible para 31 alumnos do instituto A Xunqueira II de Pontevedra que, despois de meses organizándoo, iríanse cinco días a Londres como viaxe de estudos. Finalmente lembrarana sempre, pero por ser a semana na que unha compañía aérea truncou os plans do grupo, deixou a dous deles en terra e ao resto, con sensación de impotencia. A súa etapa de Bacharelato xa non volverá e saben que xa non terán oportunidade de volver facer unha viaxe todos xuntos. Sen esquecer a sensación de rabia por ser vítimas do que consideran unha "discriminación" por razón de nacionalidade. As dúas estudantes que non puideron voar son de orixe marroquí e colombiano e tiñan toda a documentación necesaria en regra.
Non puideron voar pola súa nacionalidade. Diso non teñen dúbida os tres profesores que acompañaban ao grupo na viaxe, Xesús Constenla, María Jesús Castro e Ángeles Fernández, e que este venres contaron os pormenores do ocorrido e as accións que xa emprenderon. Tal e como lles trasladaron as policías británica e portuguesa -os dous países entre os que era o voo- e a embaixada británica en España, "los papeles estaban todos en regla" e tiñan que poder voar.
Non puideron facelo porque non lles deixou o persoal de Ryanair cando chegaron a Porto (Portugal) para embarcar, pero toda a información que solicitaran antes e a que puideron reunir despois apóialles, pois as dúas alumnas, ambas as de 18 anos e alumnas de segundo curso de bacharelato, teñen permiso de residencia en España, pasaporte en regra e estaban incluídas nunha lista de viaxe certificada pola Dirección do centro. Todos eses documentos servíanlles para viaxar sen necesidade dun visado, en especial este último de estar consideradas un grupo de estudos, tal e como recolle un ditame do Consello de Europa do ano 1994.
Eran as 4.30 horas da madrugada do sábado 28, debían poñer rumbo a Londres, pero na aerolínea esixíanlles ese visado, de modo que os seus 29 compañeiros embarcaron, pero elas dous quedaron en terra cunha profesora que as acompañou de volta a Pontevedra e, logo, volveu a Portugal para coller un avión esa mesma tarde, pois os outros dous profesores necesitaban axuda en Inglaterra cun grupo tan numeroso. Incluso ese cambio de voo xeroulles malestar con Ryanair, pois pretendían cobrarlle a maiores 140 euros.
Cando se subiron ao avión "todos los compañeros quedaron chafados" e durante os seus cinco días en Londres nada foi igual sen as súas compañeiras, pero sen dúbida as que peor o pasaron foron as dúas afectadas directas. Cando o resto puxo rumbo a Inglaterra elas "no eran capaces de hablar, no eran capaces de tomar nada caliente, no podían hacer ni decir nada porque no entendían nada".
"Los papeles estaban todos en regla, todo estaba bajo control y simplemente porque se obcecó la persona del mostrador en que no viajaban y no quiso leer los documentos que llevaban se quedaron. Eso no tiene explicación", sosteñen os seus profesores, que aseguran que no mostrador de Ryanair, "era como hablar con una pared, no querían ni leer los papeles".
Ese día, cando que lles impediron subirse ao avión no aeroporto de Porto, xa presentaron unha reclamación ante a compañía aérea que lles cortou o paso, Ryanair; o mércores pola noite, cando regresaron, formalizaron unha denuncia ante a policía portuguesa; e este xoves, ao seu regreso a España, volveron denunciar á aerolínea na súa páxina web e a través das redes sociais.
Nas súas reclamacións esíxenlles que lles devolvan todo o diñeiro que pagaran as dúas alumnas pola viaxe -450 euros por cabeza-, o custo da viaxe a Pontevedra cando non puideron voar, o custo do novo voo da profesora e unha indemnización polos danos e prexuízos, pois, segundo os seus profesores, "o máis doloroso foi o tratamento que nos deron". Confían en que teñen a razón e gañarán a reclamación, pero "ese dinero no compensa el sentirse marginadas y sin alguna explicación clara de por qué se quedaron en tierra".
Ademais, os profesores quedáronse cunha lección gravada a lume lento: "Eu aprendín unha cousa: nunca máis na miña vida faga unha viaxe de alumnos con Ryanair".