Os novos radares instalados por Tráfico aínda non están a funcionar
Por Oskar Viéitez
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, informou que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) xa instalou os novos radares nas estradas da nosa comunidade, precisando que "esos radares ya están montados pero no están funcionando".
A alta sinistralidade que se rexistra nas estradas galegas "nos preocupa especialmente", segundo afirmou Santiago Villanueva "tanto por el número de accidentes como el de víctimas que se han producido". Galicia pechou 2016 cun total de 107 falecidos, un 16% máis que o exercicio anterior.
Neste sentido, a DXT adoptou unha serie de medidas para reducir esta sinistralidade entre elas a instalación de novos radares fixos xunto á recolocación dalgúns dos xa existentes naqueles tramos onde o exceso de velocidade está relacionado coa accidentalidade.
"Es un tema prioritario para la Delegación", dixo Santiago Villanueva, trasladando esta mesma preocupación á nova subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, durante a toma de posesión que tivo lugar este mércores.
"Básicamente se trata de vigilar la seguridad vial y que se reduzcan el número de accidentes y el de víctimas", resumiu Villanueva.
Xunto a estes radares que "realmente ya están colocados pero sin activar" a DXT tamén instalará cámaras que vixiarán o uso do móbil e do cinto, e instalará bandas rugosas e sonoras, entre outras medidas que inclúen a revisión de tramos de adiantamento, a mellora da sinalización dos cruzamentos perigosos ou a colocación de paneis.
Aínda que o delegado gubernativo lembrou que existen "múltiples factores", como "las carreteras, la luminosidad o la climatología". Insistiu en que "sobre todo, se trata de adecuar la conducción al tipo de vía".
O delegado do Goberno insistiu en que "esta medida tiene que estar apoyada por todos: las administraciones y los usuarios de la vía", citou.
Relacionadas:
-
Ponte, ceas de empresa, Nadal... o perigo crece ao volante e Tráfico estará á espreita
Por Natalia Puga |
-
Menos mortos e feridos nas estradas pontevedresas, pero ollo! chega unha época complicada
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra recorda ás vítimas da "violencia viaria" presumindo de "cidade 30"
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
A DXT incrementará os controis nas estradas convencionais
Por Redacción |
-
Instan á Xunta a tomar medidas pola sinistralidade da Variante de Marín
Por Oskar Viéitez |