O crego pontevedrés Alberto Rajoy capitanea "la roja" de Deus
Por Oskar Viéitez
O crego pontevedrés, Alberto Montes Rajoy capitanea a selección española que participa por primeira vez na Clericus Cup, torneo de futbol que disputan os sacerdotes e seminaristas residentes en Roma. O líder da selección de curas naceu en México pero é fillo dunha pontevedresa que emigrou co seu marido ata aquelas terras. Hai uns anos, decidiu virse a Galicia e estudar no Seminario de Vigo. Agora, é sacerdote da diocese de Tui-Vigo. Alberto, a pesar do seu apelido, non ten ningún parentesco co presidente do Goberno.
Xunto a Alberto Rajoy, outros tres pontevedreses forman parte da selección española de cregos: o pontevedrés Ricardo Sanjurjo que foi párroco durante o pasado verán na Basílica de Santa María; Antonio Menduíña é natural de Aldán (Cangas do Morrazo) e ÿscar Valado de Vigo completa o póquer de clérigos pontevedreses.
O debut do equipo español non foi demasiado prometedor, perderon 6-0. No campo do Oratorio de San Pedro foron derrotados ante a vixente campioa a selección de Estados Unidos. Na súa defensa, o capitán alegou que o árbitro non deixou os xogadores españois xogar con lentes.
Alberto Rajoy conta que chegou a ser capitán "hace un mes, me llamaron para participar porque había levantado mucha expectación que el Colegio Español no hubiera participado en ninguna edición y me embarqué en esta historia. Hablé con los demás compañeros del colegio y me tocó a mi ser el capitán".
Os primeiros consellos técnicos recibíronos do propio Vicente del Bosque, o seleccionador nacional de fútbol enviou ao equipo do Colexio Español un video de ánimo.
Na Clericus Cup, xogan 16 equipos de máis de 65 países.
Malia a primeira derrota, España aínda ten posibilidades. O próximo sábado 9 de marzo enfróntase ao Ponficio Collegio Urbano un seminario maior situado no propio Estado do Vaticano, e o seguinte partido é o sábado seguinte, o 16 de marzo, contra o Collegio San Paolo.
Esta é a VII edición da Clericus Cup, torneo que foi creado polo actual Camarlengo, Tarsone afeccionado ao fútbol e antigo comentarista deste deporte para a televisión local italiana.
As regras do xogo son as mesmas que no futbol profesional agás por un detalle singular, ademais da amarela e o vermello, aquí existe a tarxeta azul, para amoestar aquelas expresións pouco apropiadas.
Por certo que a selección do Colexio Español non só conta con españois, senón tamén cun mexicano, un peruano, un chileno, un coreano e un zambiano. Os xogadores naceron entre 1970 e 1987. E a súa camiseta, evidentemente, é vermella.