Lago Alimentación presenta moiBó, a súa nova marca de produtos elaborados
Por Redacción & Mónica Patxot
Unhas 400 persoas participaron este luns na primeira edición do evento Cookteca Food & Fun, unha iniciativa gastronómica da firma pontevedresa Lago Alimentación que naceu para que o persoal humano da compañía poida achegarse aos seus clientes.
Así, hostaleiros da provincia de Pontevedra, comerciantes ou provedores foron os invitados a esta velada, que baixo o lema Pongámonos cara, encheu o salón nobre do Liceo Casino.
Ademais, Lago Alimentación aproveitou o acto para presentar a súa nova marca de produtos elaborados, denominada moiBó, e que os asistentes puideron degustar en forma de dez tapas representativas da gastronomía galega.
Fingers de polo, mini cordon bleu, bistec empanado, tulipas, espetadas de polo, hamburguesa de polo con espinacas, zorza de polo, polo con pementos, ás morunas e unha suculenta sobremesa foron os bocados que puideron probar os invitados a este evento.
Este primeiro Cookteca Food & Fun de Lago Alimentación contou tamén cun concerto do grupo The Tribe's Band.