Xa se pode alugar o Muíño de Valerio para destinar a restauración
Por Redacción
O Muíño de Valerio está situado na parte alta do Parque de Barosa e dende o ano 2003 está destinado a restauración.
Ao rematar o contrato actual, o Concello de Barro volta a sacar a concurso tanto o muíño como as construccións anexas o mesmo por un periodo de 10 anos.
O anuncio de licitación aparece publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra deste luns, polo que xa empeza a contar o prazo de 26 días naturais para que as persoas ou entidades interesadas presenten as súas ofertas.
Para valorar as distintas propostas que se presenten terase en conta a oferta económica, o proxecto de explotación e a experiencia en xestión en servizos e proxectos similares.
Para máis información ou para acceder o prego de licitación pódese consultar o "Perfil do Contratante" da páxina web do Concello de Barro.