Ollo cos paraugas, chega un temporal de vento
Por Redacción
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun temporal de nivel laranxa por vento que afectará ás provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir das 10.00 horas de hoxe, o fenómeno metereolóxico adverso afectará á montaña, centro e sur da provincia de Lugo; ao interior, Miño e Rías Baixas, na provincia de Pontevedra e á provincia de Ourense, podendo acadar refachos de vento de 100 km/h.
Se poderán acadar refachos de vento de 100 km/h.
Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos, Deputación, asociacións de Voluntarios de Protección Civil e Bombeiros das tres provincias; así como aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicos e empresas correspondentes.
Tamén recordáselle á poboación á importancia de seguir as medidas de protección como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras ou circular con precaución nas estradas, especialmente se utilizan vehículos lixeiros como bicicletas ou ciclomotores. Ademais aconsellase consultar a páxina web do CAE 112 www.112galicia.org, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.