As árbores en mal estado na senda do Lérez teñen substitutas: 90 novas especies de ribeira
Por Redacción
A senda do Lérez presenta estes días unha nova paisaxe á altura da avenida de Bos Aires, no entronque coa senda de madeira de Monte Porreiro.
A Concellaría de Parques e Xardíns comezou a plantación de especies de ribeira logo de realizar talas dalgúns exemplares que tiñan comprometida a súa estabilidade (o sistema radicular estaba no aire ao estar sobre un noiro) ou presentaban un mal estado sanitario.
Dende o Concello sinalan que é habitual que en épocas de temporais, estas árbores cedan e acaben perxudicando a senda peonil ou, incluso, invadan a avenida de Bos Aires, cos conseguintes perigos para os peóns e condutores.
As plantacións que comezaron esta semana son de especies propias de ribeira para continuar co bosque de ribeira que se debe conservar nun espazo LIC como é o Lérez. Carballos, loureiros, abeleiras son as árbores escollidas, e plantaránse un total de noventa exemplares nos vindeiros días.