Unhas lentes para ver os problemas
Por Oskar Viéitez
As concellarías de Benestar Social e Mocidade de Poio súmanse á celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz o vindeiro luns 30 de xaneiro.
Participará o centro social do Concello de Poio e os centros de primaria de Lourido, Isidora Riestra, Espedregada, Viñas e Chancelas. Tamén os sete grupos de memoria do programa Saudemente, 125 maiores, que estiveron estos dias previos a elaborar uns fermosos murais que colocaran nas aulas.
A proposta a traballar cos centros de primaria este ano leva por nome "As gafas que ven os problemas do mundo".
Xa son 25 anos os que leva celebrando o Concello de Poio o Día Escolar da Non Violencia e da Paz con todos os centros de primaria. O longo destes anos recabaron axuda económica para campañas concretas e entablaron relacións cos pobos do mundo que teñen o nome de Poio en Congo, Papúa ou Chile. Tamén recolleron material escolar para O Salvador, latas de atún para o Sahara, cueiros para Bosnia, puxeron cintas de cores con mensaxes na praia no 2003 en lembranza da catástrofe do Prestixe, fixeron tendais con zapatos, desfiles de paraugas e repartiron terra de Poio por toda España.
Mesmo inventaron unha máquina que facía persoas boas, sinceiras, xenerosas, solidarias, e tamén atraparon mensaxes de paz cos atrapasonos.
Este ano despois de 25 anos sen faltar a esta cita tan importante, cren que é hora de facer unha necesaria revisión da vista, "dos ollos que conectan directamente co corazón..." todo o alumnado xa estivo nas aulas diseñando as súas gafas de paz.
A Casa Rosada elaborou uns fondos para que poidan logo sacar fotos por aulas ou incluso en familia. Os centros xa prepararon unhas coreografias para acompañar o tema musical escollido para este ano.