O PP reclamará á Deputación unha "estratexia clara" que potencie o turismo
Por Oskar Viéitez
O grupo provincial do Partido Popular defenderá unha moción, no Pleno da Deputación deste venres, para pedir ao bipartito que potencie o turismo como un dos eixos fundamentais da economía pontevedresa.
A voceira popular, Nidia Arévalo, salienta que a día de hoxe o goberno que preside Carmela Silva "segue recollendo os froitos" de todo o traballo que en materia de turismo fixo o anterior goberno de Rafael Louzán, e que "a súa inoperancia" en materia turística está totalmente tapada pola acción da Xunta de Galicia e polas iniciativas do propio sector.
Arévalo di que a provincia precisa dunha "estratexia clara e de un apoio decidido".
O PP propón que se retomen as xuntanzas cos representantes e membros do sector turístico, "non para vender fume, como fixeron hai uns meses para presentar un plan que non existía, senón para que poidan plantexar as súas ideas e propostas para mellorar o sector".