Un coche que saía dun garaxe da rúa da Estrada atropela un peón
Por Oskar Viéitez
Un coche que saía dun garaxe atropelou un peón. Sucedeu ás 16:46 horas na rúa A Estrada.
Segundo as testemuñas presenciais o peón camiñaba distraido á altura do número 14 desta rúa cando o coche irrompeu na beirarrúa levándoo por diante.
Foi un particular o que avisou ao 112 do accidente. Desde o servizo de emerxencias mobilizaron unha ambulancia medicalizada xa que o accidentado aseguraba que non se podía mover.
A Policía local mantivo a rúa cortada mentres o home era atendido polos servizos médicos, antes de ser trasladado a un centro hospitalario.