Sanxenxo habilita cinco sendeiros que bordean 22 quilómetros de litoral
Por Redacción
A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Coral González-Haba, habilitou 22 quilómetros de carreiros costeiros baixo a denominación de "Sendeiros Litorais de Sanxenxo", distribuídos en cinco rutas situadas noutros tantos puntos do litoral:
- Sanxenxo-Portonovo, cunha lonxitude de 8.479 metros
- Canelas-Punta Cabicastro, con 3.450 metros
- Montalvo-Major, con 6.450 metros
- Areas-Punta Festiñanzo, con 730 metros
- Sendeiro Máxico da Lanzada, con 3.000 metros
O Concello de Sanxenxo presentou catro destas rutas ao distintivo Sendeiro Azul que a ADEAC debería valorar antes de emitir o seu ditame, a finais de maio.
En total instaláronse 101 elementos de sinalización, entre paneis xerais, mesas informativas, postes de seguimento, carteis de estrada, frechas direccionales e fitos informativos.
Os distintos carreiros discorren por áreas privilexiadas paisaxísticamente, xa que o obxectivo é promover o desenvolvemento sustentable das zonas litorais preservando e mellorando as condicións ambientais, a seguridade e a facilidade de uso para os visitantes e unha xestión integrada e coherente dos valores naturais, históricos, culturais e etnográficos que conforman o patrimonio litoral.
Todas as rutas dispoñen de paneis xerais que indican, sobre ortofotomapas, o traxecto, remarcando o punto exacto onde se atopa o viandante. Ademais, todas as rutas dispoñen de mesas informativas en diversos lugares, que poden versar sobre a Ría de Pontevedra, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, a importancia das dunas, os cantís ou, como no último dos sendeiros mencionado, o Máxico da Lanzada, mesas que falan da lenda das nove ondas, o Outeiro das Lapas coa súa lenda do túnel mergullado.