Tres mozos detidos, por segunda vez, tras ser sorprendidos roubando nun bar da zona vella
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional detiveron tres mozos, de 26, 20 e 18 anos, con domicilio en Pontevedra, todos eles con antecedentes policiais, como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun bar da rúa Figueroa, na zona vella.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, os feitos sucederon na madrugada deste martes día 24 de xaneiro cando axentes que se atopaban patrullando en prevención da seguridade cidadá foron requiridos pola sala do 091 á que chamara un cidadán que estaba a observar a tres individuos encarapuchados forzando a porta dun establecemento de hostalería.
Á súa chegada ao lugar observaron a tres individuos coa cabeza tapada que ao detectar a presenza policial saíron fuxindo á carreira.
Tras ser interceptados, os axentes detivéronlles polo roubo con forza do bar que presentaba a porta de entrada forzada.
Os axentes atoparon unha barra de ferro no chan. Un dos detidos portaba ademais un arame a modo de ganzúa.
Os detidos foron trasladados a dependencias policiais e postos a disposición da autoridade xudicial.
Relacionadas:
-
Unha 'pandilla' de mozos, o pesadelo de bares e comercios do centro de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Por enésima vez píllanos "in fraganti" roubando e quedan en liberdade
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación ante a proliferación de roubos en negocios do centro: investigan un no Bar 5 Calles
Por Natalia Puga |
-
Catro detidos coas 'mans na masa' mentres roubaban de madrugada en San Antoniño
Por Redacción |
-
Queda en liberdade un ladrón sorprendido tras roubar 1.000 euros nunha tenda
Por Natalia Puga |
-
Detido un home de 46 anos por agredir a súa ex parella nun bar da zona monumental
Por Redacción |