O fume dunha pota fervendo mobiliza policías e bombeiros
Por Redacción
Dous camións do Corpo de Bombeiros de Pontevedra e varias patrullas da Policía Local desprazáronse entorno ás 14.25 horas deste mércores á rúa Javier Puig tras recibir un aviso dun incendio no interior dun edificio. Acabaron regresando ás súas respectivas bases sen necesidade de intervir.
Segundo informaron dende o Corpo de Bombeiros, os veciños da rúa Javier Puig alertaron de que saía fume dunha vivenda, de modo que se seguiu o protocolo e se desprazou aos efectivos ata o lugar.
Cando chegaron puideron comprar que se trataba dunha falsa alarma, de modo que se cancelou a intervención.
Veciños do ámbito que presenciaron os feitos confirmaron que todo o despregamento se debeu ao fume que saía dunha pota fervendo nunha cociña do edificio número 7 da rúa Javier Puig.
O incidente e o amplo despregamento de policías e bombeiros congregou numerosos veciños do ámbito das rúas Benito Corbal e San Antoniño no lugar.