Doce veces detido en 2016 e unha este ano... por agora
Por Oskar Viéitez
O Xulgado de Instrución número dous de Vilagarcía, en funcións de garda, decretou a posta en liberdade dun home cun crecente historial delituoso.
No ano 2016 foi detido en 12 ocasións e este ano acaba de sumar o seu primeiro arresto.
O individuo, de 40 anos de idade, veciño de Vilagarcía de Arousa, foi detido pola Policía Nacional o pasado día 19 detiveron como presunto autor dun delito de roubo con forza.
Os axentes sorprendérono no interior dun establecemento hostaleiro da zona.
O detido é un dos delincuentes máis activos desta localidade. A súa especialidade son os roubos con forza en vivendas, sobre todo en casas unifamiliares do arrabalde. A súa forma de actuar xa é coñecida. Chama ás casas coa escusa de solicitar unha axuda ou esmola e no caso de cerciorarse de que non se atopa ninguén dentro, accede ao interior forzando xanelas ou aproveitando calquera acceso aberto.
Ademais das casas tamén ten como obxectivo os bares nos que centra a súa acción sobre as máquinas expendedoras e comecartos.