80 niños de avespas asiáticas, eliminados en Cambados nos últimos cinco meses
Por Redacción
Os integrantes de Protección Civil de Cambados levan neutralizados 80 niños de avespa asiática desde o 9 de setembro, cando lles dotaron de traxes para facer fronte a esta especie, ata este sábado no que tiveron que intervir na parroquia de Corbillón para eliminar outro avespeiro.
A Consellería do Medio Rural indica que a mediados deste mes de xaneiro nos concellos da área de Pontevedra ten detectada a presenza de entre 6 e 25 niños no municipio de Vilaboa, entre 2 e 5 en Marín e un niño en Portas.
Desde a Xunta desenvólvese un programa de vixilancia e control da denominada vespa velutina e piden a colaboración da cidadanía para alertar ante a aparición dalgún insecto ou de niños desta especie.
Esta avespa é un insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e diminuíndo o importante papel polinizador que desenvolven as abellas.
Relacionadas:
-
Alertan da presenza dun niño de avespa asiática nos arredores do centro de saúde de Lérez
Por Redacción |
-
O niño de avespa asiática localizado en Ponte Sampaio, reducido a cinza
Por Redacción |
-
Alertan da presenza dun niño de avespa asiática preto do colexio de Xeve
Por Natalia Puga |
-
O servizo municipal de emerxencias de Vilagarcía retirou 128 de vespa velutina nun ano
Por Redacción |