Sinalización turística intelixente para o porto de Sanxenxo
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e o concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, mantiveron este xoves en Fitur unha reunión con Sismotur, empresa encargada da instalación de sinalización turística intelixente.
Trátase dun proxecto que Sanxenxo quere implementar de maneira experimental no porto, pero coa intención de estendelo depués a todo o municipio.
A sinalización turística intelixente baséase nun sistema de xestión de dispositivos de conexión capaz de traballar con información xeorreferenciada que funciona na nube. Desta forma permitiría a consulta de información en diferentes idiomas en cada conexión en liña.
En cada un dos sinais intelixentes a información para transmitir é facilmente actualizable, con datos relevantes para o turista e o visitante.
Relacionadas:
-
Sanxenxo e O Grove solicitarán conxuntamente unha axuda para ser destinos turísticos intelixentes
Por Redacción |
-
Presentan o sistema de sinalización intelixente instalado na zona do porto deportivo
Por Redacción |
-
Sanxenxo amplía a sinalización das praias do municipio
Por Diego Espiño |
-
Novos sinais para miradoiros e praias
Por Redacción |