Unha condutora ferida logo de sairse da vía e envorcar o seu turismo
Por Redacción
Unha muller foi trasladada por unha ambulacia do 061 a un centro hospitalario tras sufrir un accidente de circulación na estrada de circunvalación de Sanxenxo.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 11.14 horas á altura da estación de autobuses de Portonovo.
Segundo indicou Emerxencias de Sanxenxo, a muller conducía un turismo cando se saíu da vía e, por motivos que se descoñecen, acabou envorcada no medio da calzada
Tras o accidente, a muller sufriu unha conmoción que obrigou ao seu traslado nunha ambulancia do 061.