Defensa cobre en Pontevedra dúas prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual
Por Redacción
A Subdelegación de Defensa en Pontevedra formalizou esta semana o contrato para as dúas persoas con discapacidade intelectual que superaron a proba de concurso oposición, publicada no BOE o día 18 de decembro de 2015.
As prazas convocadas no proceso selectivo son para cubrir con persoal laboral fixo da administración xeral do Estado coa categoría de Axudante de Xestión e Servizos Comúns.
Trátase de Ana María Gallego Estremera e Óscar Otero Bada, que acudiron acompañados de representantes de FADEMGA, a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou de Desenvolvemento.
Ambos os traballadores, vinculados agora ao Ministerio de Defensa desempeñarán os seus novos labores como ordenanzas na Subdelegación de Defensa e a Escola Naval Militar.
O emprego é un factor crave para a integración das persoas con discapacidade intelectual.
Desde FADEMGA piden medidas como a adaptación de probas nas convocatorias de oposicións, a través de probas prácticas reais onde se demostren que se posúen os coñecementos básicos para a execución do posto de traballo ofertado, así como a reserva dunha parte da contratación pública aos Centros Especiais de Emprego, o que favorecería a integración destes traballadores.