O goberno local de Sanxenxo contraataca ante os reproches de Telmo Martín sobre Portonovo
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo contratacaou este mércores ante as críticas realizadas polo portavoz do PP, Telmo Martín, relativas ao porto de Portonovo. Nas súas críticas, repróchanlle que "aproveita as súas esporádicas estancias" en Sanxenxo para apontoar unha oposición baseada na difamación, a confusión e a mentira, de tal modo que na oposición continúa con "a mesma liña que marcou os seus dous mandatos de Goberno".
O goberno local considera que as súas declaracións "só poden cualificarse de despropósito", xa que Telmo Martín, "de forma consciente e intencionada", só persegue "confundir" á opinión pública.
Lembran que a reordenación portuaria de Portonovo é unha cuestión prioritaria e o goberno local dá o primeiro paso para acabar co seu abandono contratando o anteproxecto que servirá de base para a redacción do Plan Especial de Ordenación do Porto de Portonovo. Consideran que se trata dun traballo que o Partido Popular "podería facer mentres gobernou Sanxenxo".
"O PP tivo 12 anos, desde a aprobación do PXOM para iniciar esta tramitación en Portonovo e non o fixo. Agora 19 meses parécenlle moito tempo", sosteñen desde o goberno local a través dun comunicado.
Ademais, lémbranlle a Telmo Martín que cando fale de fraude, e de Portonovo, "non esqueza mencionar a recualificación urbanística dos terreos sobre os que se levantaron uns polémicos edificios de cores, unha operación sobre a que aínda non se houbo pronunciamiento xudicial.